III Edición Bolsas de Prácticas Xerenciais en Cooperativas Galegas
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA, a Consellería de Traballo e Benestar da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, as asociacións de cooperativas Sinerxia e UCETAG, e a Fundación Caixanova, colaboran unha nova edición de prácticas xerenciais en cooperativas.
OBXECTO E CONTEXTUALIZACIÓN
Os retos actuais do cooperativismo de traballo, identificados no Plan Estratéxico do Cooperativismo Galego, precisan do reforzamento da función xerencial para ser abordados. A partir dunha diagnose sobre o propio sector e as necesidades das cooperativas socias e non socias, establecese como liña prioritaria de traballo o apoio á función xerencial.
Favorecendo que sexa posible abordar nas mellores condicións a función xerencial, dar apoio e impulso a esas funcións nas cooperativas, dar resposta ás necesidades que teñan nesa área, porque como diagnostica o Libro Branco do Cooperativismo en Galicia só un 24,5% das cooperativas de traballo asociado contan con xerencias profesionalizadas.
UGACOTA é unha unión de cooperativas, unha entidade de tipo asociativo, que establece como fin estatutario, entre outros, o apoio ao desenvolvemento do cooperativismo de traballo asociado en Galicia. Con tal motivo Ugacota, a Fundación Caixanova e a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no marco dos convenios o obxecto desta convocatoria, adxudicaran 5 bolsas para a realización de un programa formativo, teórico e práctico, de xerencias en cooperativas, proceso titorizado por un formador-a/asesor-a.
Adxudicaranse as bolsas coa finalidade de que as persoas beneficiarias adquiran unha visión estratéxica dende a perspectiva directiva-xerencial da cooperativa para aplicala nesta: analizar, aprender a interpretar a información, potenciar capacidades e habilidades claves para anticiparse ás consecuencias da xestión, planificar para lograr as metas, organizar, ordear, decidir, comunicar e guiar con eficacia para conquerir os obxectivos, avaliar… Non só se trataría de xestionar mellor ou máis, senón pensar estratexicamente en novas accións que se terán que realizar, e cales deberán deixar de facerse… O obxectivo tamén é o fomento do emprego mellorando a capacitación de mozos-as mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas.
CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DA BOLSA
A natureza e modalidade da bolsa será semipresencial, sendo a súa duración de 12 meses como máximo. O tempo de adicación dos bolseiros-as será de 25 h. semanais.
O lugar onde se realizarán os traballos presenciais:
1. A formación previa e as titorías: serán nos locais de Ugacota e/ou da Fundación Caixanova, en Vigo (ou noutras localidades que se acorden en común cos participantes, en función das diferentes orixes xeográficas da xente participante)
2. A práctica da bolsa na cooperativa: nas instalacións das cooperativas beneficiarias deste programa (a meirande parte da bolsa desenvolverase no local da cooperativa).
A ubicación xeográfica das cinco cooperativas beneficiarias deste programa é a seguinte:
Vigo, Ourense, Ames, Palas de Rei, e O Porriño
O inicio do programa está previsto para o 15 de marzo de 2010 (coas actividades previas de formación e selección de bolseiros/as) e no mes de abril comezaría a incorporación das persoas bolseiras ás cooperativas. As entidades convocantes resérvanse a posibilidade de modificar as datas, se fora o caso, por falta de candidatos/as ou outras causas que afecten ao desenvolvemento do programa.
Curso de formación cooperativa, as persoas preseleccionadas deberán participar nesta acción previamente á selección final e á incorporación ás cooperativas, terá unha duración de 45 horas desenvolvidas a partir do 15 de marzo.
PROCESO SELECTIVO
A selección realízase en dúas fases:
1) Pautado o perfil máis idóneo na convocatoria as persoas candidatas se inscriben na oferta a través de www.infojobs.net do 22 de febreiro ao 11 de marzo de 2010, facéndose unha preselección das 20 persoas mellor valoradas.
2) Dende o 15 de marzo de 2010 realízase un curso de formación cooperativa aos preseleccionados/as. O propio curso e as ferramentas de selección que se determinen con cada cooperativa beneficiaria dunha bolsa (entrevista, etc.), serven para seleccionar aos bolseiros/as que farán as prácticas nas cooperativas.
SOLICITANTES E PERFÍS PREFERENTES
Persoas menores de 35 anos, diplomados-as e licenciados-as en titulacións relacionadas coa xestión empresarial (Económicas, Empresariais, Relacións Laborais, …), ou estudiantes-as do último curso, tamén titulados-as en Ciclos Superiores de formación profesional ou estudiantes-as do último curso en especialidades relacionadas coa xestión empresarial.
Para a selección de bolseiros/as será valorada a traxectoria de estudos, coñecementos técnicos (análise económica e financeira, xestión fiscal, laboral ou contable, estratexia empresarial…), a formación e coñecementos en cooperativismo, as experiencias laborais, experiencias de carácter asociativo ou comunitario, de voluntariado… Tamén as actitudes e aptitudes para desenvolver labouras xerenciais – capacidades e habilidades neste senso-, como aspectos de iniciativa, resolución de conflictos, motivación, traballo en equipo e habiliades sociais, tamén os coñecementos de ferramentas e instrumentos de xestión, así como as que se determinen coas cooperativas durante o desenvolvemento do curso.
A selección final dos beneficiarios-as será validada por unha Comisión Mixta na que participarán o equipo titorial e docente das bolsas, representantes de cada cooperativa beneficiaria, representantes de Ugacota, e do Instituto de Desarrollo Caixanova.
Visto 3671 veces





