Proyecto Nº.231 TECNICO ESPECIALISTA EN BIODIVERSIDAD Y NATURALEZA

PROYECTO:
Monitorización costeira e mariña da fauna mariña ameazada (cetáceos, pinnípedes e quelonios mariños), mediante seguemento costeiro da Rede Costeira de Avistamentos, das Campañas marítimas de Monitorización e das Unidades Móbiles para a Asistencia de Fauna Mariña e Recuperación.

OBJETIVOS:
Catalogar todos os animais varados, recollendo mostras biolóxicas dos animais mortos e procurando a rehabilitación dos animais vivos.
Avaliar as poboacións de fauna mariña ameazada, realizando as campañas mensuais costeiras e marítimas.
Avaliar os indicios de capturas accidentais nos corpos dos animais varados.
Rehabilitar os animais varados con vida para devolvelos ao seu medio

PERIODO: Posible fecha de inicio Septiembre 2010, hasta Marzo 2011
LUGAR: Vigo
EMPRESA: CEMMA

ACCIONES:
Acompañamento ás Unidades Móbiles para a Asistencia de Fauna Mariña e Recuperación.
Monitorización costeira e mariña da fauna mariña ameazada (cetáceos, pinnípedes e quelonios mariños), mediante:

  • Acompañamento ás unidades de campo para o seguemento costeiro da Rede Costeira de Avistamentos.
  • Acompañamento ás unidades de campo de observadores das Campañas Marítimas de Monitorización.
  • Acompañamento ás unidades de campo de acústica nas Campañas Marítimas de Monitorización.
  • Acompañamento ás unidades de Educación Ambiental.

PRE-CANDIDATOS (perfil competencias):
ACADEMICO: Ciencias Ambientales o del Mar,
ESPECIALIZACIÓN: Biología Marina
Formación complementaria: Cursos de especialización de mamíferos mariños e educación ambiental

Presentación de CANDIDATURAS: Si te interesa, y aun no lo has hecho, regístrate aquí,  Infojobs  ENLACE. http://www.infojobs.net/candidato_login.cfm Infojobs> Buscar trabajo>palabra Clave>FUNDACIÓN CAIXANOVA>Oferta Gestor de proyectos y envíanos  un correo a info@idcaixanova.com para confirmar tu preparación, disponibilidad y motivación para este proyecto (Pry.nº 231).

SOCIO:
CEMMA Fomenta as accións que conleven a conservación das tartarugas e mamíferos mariños, doutras especies mariñas ameazadas e as que conleven un aumento da sensibilidade e actitude social a prol da conservación medioambiental.
Impulsar o estudo e a investigación das tartarugas e mamíferos mariños, doutras especies mariñas salvaxes ameazadas e do medio mariño en xeral.
Difundir os resultados dos labores de estudo e protección, impulsando as accións de Educación Ambiental sobre o medio mariño, así como de asesoramento a institucións científicas e Administracións con finalidade de aplicalo á conservación.
Promover todas aquelas actividades que impidan a desaparición das manifestacións culturais, tradicionais e mariñeiras, respectuosas co medio, así como a promoción da recuperación da memoria histórica.
Para lograr todo iso, o traballo que actualmente realiza a CEMMA conta coa colaboración de entidades públicas e privadas, mediante:
A unificación do operativo de recollida de información e comunicación das aparicións de animais mariños en todo o litoral galego a través do teléfono de Emerxencias 112.
A unificación dos protocolos da asistencia clínica a animais enfermos e dos estudios post-mortem en todo o litoral galego.
A potenciación e optimización dos medios dispoñibles para cumprir os obxectivos
A posibilidade de acceso a liñas de financiamento, na procura de recursos nas diferentes administracións públicas (dentro da propia Comunidade Autónoma, na administración española e de fondos europeos), así como das empresas privadas interesadas na participación en proxectos de conservación e educación ambiental do medio mariño.

Deja un comentario

Tienes que iniciar sesión para escribir un comentario.